Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2012 Páx. 20726

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 16 de maio de 2012 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2010-2011 convocados pola Orde do 20 de xaneiro de 2012 (DOG do 27 de xaneiro).

A Orde do 20 de xaneiro de 2012 (DOG do 27 de xaneiro), pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2010-2011, establece as bases e o procedemento para a súa concesión.

Unha vez realizada polo xurado de selección a valoración das solicitudes presentadas, publicados os resultados coas puntuacións obtidas polos candidatos, resoltas as reclamacións presentadas, vistas a acta coa proposta definitiva do xurado de selección dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior do curso 2010-2011 e a correspondente proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2010-2011 ao alumnado que figura no anexo a esta disposición.

Segundo. Contra esta orde poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben impugnala directamente na vía xurisdicional ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2012.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Proposta definitiva de adxudicación dos premios extraordinarios de formación profesional
de grao superior correspondentes ao curso 2010-2011

Solicitude

Familia

Nome e apelidos

Centro estudos

Importe premio

971

Actividades físicas e deportivas

Lorena Paula Íñiguez Ubiaga

IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes de Lugo

850 €

913

Administración e xestión

Juan Jesús Cabanas López

IES Muralla Romana de Lugo

850 €

919

Agraria

Antonio Martínez Pernas

IES de Arzúa (A Coruña)

850 €

877

Artes gráficas

Lorena Almeda Cochón

IES Montecelo de Pontevedra

850 €

999

Comercio e márketing

Sonia Fraga Puente

IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña

850 €

1028

Edificación e obra civil

Pablo Miguélez Gómez

CIFP Someso da Coruña

850 €

957

Electricidade e electrónica

Jesús Blanco Abad

CIFP Politécnico de Santiago de Compostela (A Coruña)

850 €

1042

Enerxía e auga

Tamara Suárez Vázquez

IES Universidade Laboral de Culleredo (A Coruña)

850 €

956

Fabricación mecánica

Luis Fernando Cao García

CIFP Politécnico de Santiago de Compostela (A Coruña)

850 €

875

Hostalaría e turismo

Laura Fernández Otero

IES Plur. Rosalía de Castro de Santiago de Compostela (A Coruña)

850 €

1060

Imaxe e son

Carlos Serafín Álvarez Quirós

IES Imaxe e Son da Coruña

850 €

1008

Imaxe persoal

Raquel Paz Naya

CIFP Someso da Coruña

850 €

1037

Industrias alimentarias

Daniel Temprano López

CIFP Paseo das Pontes da Coruña

850 €

953

Informática e comunicacións

Modesto Bernardo Bello González

IES San Clemente de Santiago de Compostela (A Coruña)

850 €

892

Instalación e mantemento

José Manuel Leonor Álvarez

IES As Mercedes de Lugo

850 €

1073

Madeira, moble e cortiza

Manuel Pregue López

CIFP Santiago de Santiago de Compostela (A Coruña)

850 €

977

Marítimo-pesqueiras

Iria Fernández Yáñez

IGAFA da Illa de Arousa (Pontevedra)

850 €

925

Química

Sandra Castromán Dios

CIFP Politécnico de Santiago de Compostela (A Coruña)

850 €

865

Sanidade

Vanesa Pérez González

IES A Carballeira de Ourense

850 €

1019

Servizos socioculturais e á comunidade

Rosalía Domínguez Serantes

IES de Chapela de Redondela (Pontevedra)

850 €

1038

Téxtil, confección e pel

María Esther Mosquera Regueiro

CIFP Paseo das Pontes da Coruña

850 €

923

Transporte e mantemento de vehículos

Antonio Taboada Quintela

CIFP Politécnico de Santiago de Compostela (A Coruña)

850 €