Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2012 Páx. 20857

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se describe no concello de Sanxenxo, a cal conta con resolución de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución do 16 de febreiro de 2010 (expediente IN407A 2009/737-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupació que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T. Os Cotos.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor tipo R.H.Z. de 565 metros de lonxitude, con orixe na L.M.T. VLG807 Vilalonga-A Carabuxeira, apoio anterior ao C.T. O Castro e final no C.T. proxectado. Centro de transformación de 160 kVA, R.T. 20 kV/400-230 V, situado nos Cotos, Sanxenxo. Rede de B.T. de 212 metros de lonxitude con orixe no C.T. proxectado.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial; avenida Fernández Ladreda 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación

Pontevedra, 4 de maio de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

– Predio 1:

Municipio: Sanxenxo; lugar: A Costa; ref. catastral 9141604NG1994S0001HL; titular: Jesús Prieto Leivas e Elena Medrano; enderezo: Os Cotos 59-Dorrón (San Xoán) 36960 Sanxenxo; afección: 2,68 m lineais de fronte, 4,1 m lineais de fondo, superficie afectada 11 m2.

– Predio 2:

Municipio: Sanxenxo; lugar: A Costa; ref. catastral 9141605NG1994S0001WL; titular: herdeiros de Hermosinda Pérez, rpte. M.ª del Carmen Fernández Pérez; enderezo: A Costa 86-Dorrón (San Xoán) 36966 Sanxenxo; afección: 3,78 m lineais de fronte, 4,10 m lineais de fondo, superficie afectada 16 m2.

– Predio 3:

Municipio: Sanxenxo; lugar: A Costa; ref. catastral 91541620NG1994S0001FL; titular: Jesús Domínguez Pérez; enderezo: A Costa 86-Dorrón (San Xoán) 36966 Sanxenxo; afección: 1,26 m lineais de fronte, 4,10 m lineais de fondo, superficie afectada 6 m2.