Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2012 Páx. 20848

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 7 de maio de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a Decisión do 4 de maio de 2012 de non someter a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento, delimitación do núcleo rural de Martín de Louredo, no concello de Maside, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento, delimitación do núcleo rural de Martín de Louredo, concello de Maside, ao procedemento establecido no seu artigo 7.

Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet: http://aae.medioambiente.xunta.es/

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2012.

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental