Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2012 Páx. 20812

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Consumo

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2012 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego de Consumo no primeiro cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11 de Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración autonómica galega (DOG n.º 136, do 14 de xuño), establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Consumo no primeiro cuadrimestre do ano 2012.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2012.

M.ª Nava Castro Domínguez
Presidenta do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Agrupación de Consumidores e Usuarios Asociados «Acua» para o proxecto de desenvolvemento dun observatorio, actuacións de sensibilización, atención, información e mediación no eido da contratación cos consumidores de préstamos ou créditos hipotecarios e de servizos de intermediación para a celebración de contratos de préstamo ou crédito.

27 de marzo de 2012

14.000 euros

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Federación Galega de Asociacións de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios «Brétema» para o proxecto de desenvolvemento dun observatorio, actuacións de sensibilización, atención, información e mediación no eido de publicidade e indicación de prezos e talleres de reparación de vehículos.

27 de marzo de 2012

63.000 euros

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Asociación de Consumidores e Usuarios en Marcha «Conumar» para o proxecto de desenvolvemento dun observatorio, actuacións de sensibilización, atención, información e mediación no eido de reclamacións en materia de protección dos consumidores na provincia de Lugo, con actividades específicas no norte e sur da provincia.

27 de marzo de 2012

35.000 euros

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Federación Galega de Euroconsumo para o proxecto de desenvolvemento dun observatorio, actuacións de sensibilización, atención, información e mediación no eido de concursos televisivos.

27 de marzo de 2012

63.000 euros

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Federación de Usuarios e Consumidores Independientes de Galicia «Fuciga» para o proxecto de desenvolvemento dun observatorio, actuacións de sensibilización, atención, información e mediación no eido do transporte aéreo.

9 de marzo de 2012

63.000 euros

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Asociación de Consumidores Unión de Consumidores de Galicia «Ucgal» para o proxecto de desenvolvemento dun observatorio, actuacións de sensibilización, atención, información e mediación no eido de reclamacións en materia de garantías.

27 de marzo de 2012

35.000 euros

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Deputación de Pontevedra para o proxecto de desenvolvemento e mellora dos servizos de atención e información aos cidadáns, así como de formación e difusión en materia de consumo na provincia de Pontevedra.

2 de abril de 2012

49.000 euros

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Universidade de Santiago de Compostela no eido do Dereito de consumo e a arbitraxe de consumo.

20 de febreiro de 2012

30.000 euros

Addenda ao convenio de colaboración entre o Consello Galego da Competencia e o Intituto Galego de Consumo para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación de mercados.

27 de decembro de 2011

Sen dotación orzamentaria

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e Fundación Preescolar na Casa para a realización de actividades relacionadas coa formación para o consumo responsable na etapa de educación infantil.

18 de abril de 2012

Sen dotación orzamentaria

Protocolo de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Axencia para a Mordernización Tecnolóxia de Galicia para a realizacion de actividades de formación a través da rede de centros para a modernización e innovación tecnolóxica (rede cemit) e o desenvolvemento de proxectos no marco de programa de voluntariado dixital.

14 de maio de 2012

Sen dotación orzamentaria