Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2012 Páx. 20844

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifican os acordos de iniciación dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos número OU-E-138/12 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo que se xunta os acordos de iniciación recaídos nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución aos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1.º d) da LOSC e a disposición transitoria 1.ª do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as xefaturas territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio).

Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), contan cun prazo de quince días hábiles, contados desde a publicación, para exercer perante a instrutora o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente poderán exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A tramitación do expediente realízase na oficina desta xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na avda. da Habana, n.º 79-2.º, de Ourense.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Ourense, 15 de maio de 2012.

Luis Juan Ortiz Álvarez
Jefe territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-138/12.

CIF: 36145787E.

Denunciado: Jorge Fernández Rodríguez.

Enderezo: rúa Miguel de Cervantes, n.º 16, A Terrachá, Entrimo (Ourense).

Establecemento: Tropical.

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Número de expediente: OU-E-139/12.

NIE: X6567946C.

Denunciado: Máxima Peña Bonilla.

Enderezo: avda. Julio Rodríguez Soto, n.º 11, soto, O Carballiño (Ourense).

Establecemento: Sin Sol.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Número de expediente: OU-E-140/12.

CIF: B32404899.

Denunciado: Dobarro y Casas, S.L.

Enderezo: rúa Chamoso Lamas, n.º 14 baixo, O Carballiño (Ourense).

Establecemento: Greasse.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.