Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2012 Páx. 20898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 14 de maio de 2012 pola que se notifica resolución de procedemento administrativo sancionador do expediente 13-20-12-04.

De conformidade co disposto no artigo 59.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE n.º 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE n.º 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción da Lei 27/1992, do 24 de novembro (BOE n.º 283, do 25 de novembro), de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 39.1.º a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG n.º 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, perante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado pola Resolución do 1 de setembro de 2008 no DOG n.º 190, do 1 de outubro. O prazo para a interposición do dito recurso é dun mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación.

Transcorrido o devandito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e poderá facerse efectivo en período voluntario o importe da sanción, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE n.º 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BHS e Nova Galicia Banco), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non efectuarse o ingreso no devandito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2012.

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto
infrinxido

Precepto
sancionador

Sanción proposta

Sanc. 13-20-12-04

3193-FGW

Celador do porto

Magín Quiñones Bastos

O Quinteiro, 51

36817 Quintela-Redondela (Pontevedra)

Estacionamento prohibido.

30.8.2011; 9.56 horas; Cangas (Pontevedra)

Artigo 306.1.a) do Real decreto lexislativo 2/2011, TRLPEMM

Artigos 17 e 64 da

Orde ministerial do 12.6.1976

Artigo 312 do Real decreto lexislativo 2/2011, TRLPEMM

90,15 €