Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2012 Páx. 20639

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de información pública sobre apertura de nave.

Estase a tramitar expediente por instancia de Antonio Gómez Alamancos, quen actúa en representación de Toldos Gómez, S.L., sobre solicitude de licenza de apertura de nave, situada sobre a parcela número 12 da primeira fase do parque empresarial, destinada ao deseño, confección, instalación, comercio retallista e por xunto, importación, exportación e reparación de artigos de lona e textís, tales como toldos, carpas, pancartas, cubertas, tendas de campaña e similares, así como artigos de albardaría en xeral, impresión de textos ou imaxes por calquera procedemento ou sistema sobre lonas, produtos de vinilo e papel.

Para os efectos previstos no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a exposición pública, por período de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da última inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, período durante o cal todas aquelas persoas que se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poderán examinar o expediente nas oficinas xerais da casa do concello en horario de 9.00 a 14.30 horas e, de ser o caso, formular as alegacións que consideren procedentes.

Arzúa, 4 de maio de 2012.

José Luis García López
Alcalde