Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2012 Páx. 20526

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas na demanda de autos 1391/2011, interposta por Antonio Garea Mallo.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela o decreto polo que se admite a trámite a demanda número de autos 1391/2011, interposta por Antonio Garea Mallo, contra a Resolución do 28 de outubro de 2011 da conselleira de Facenda pola que se desestima a reclamación previa á vía xudicial formulada contra a Resolución do 9 de setembro de 2011, da Dirección Xeral da Función Pública, que aproba a relación definitiva de admitidos e excluídos do concurso 01/2011 para a provisión de postos de traballo vacantes do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG n.º 177, do 15 de setembro), así como a acta de xuízo do 3 de maio de 2012.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data de conformidade co disposto no artigo 151.5 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social e, supletoriamente no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, comunicar a remisión do correspondente expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2012.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública