Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2012 Páx. 20299

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe de Servizo de Mantemento do Hospital Universitario A Coruña da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG n.º 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG n.º 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG n.º 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo galego de Saúde, e a Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG n.º 119, do 19 de xuño), modificada pola Orde do 28 de setembro de 2011, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de libre designación, un posto de xefe de Servizo de Mantemento do Hospital Universitario A Coruña da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, segundo se especifica no anexo desta resolución.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa Orde pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica vixente.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse, no Rexistro do Hospital da Coruña, sito nas Xubias de Arriba, n.º 84, 15006 A Coruña ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días naturais, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Estrutura de Xestión Integrada da Coruña así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

A Coruña, 26 de abril de 2012.

Alfredo García Iglesias
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Denominación do posto: xefe de Servizo de Mantemento do Hospital Universitario A Coruña da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

Grupo de clasificación: A1 ou A2.

N.º de vacantes: 1.