Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2012 Páx. 20203

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2012, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, pola que se fan públicos diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 16 de maio de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 13 de decembro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Desestimar as dúas alegacións presentadas en relación coas puntuación do segundo exercicio.

Segundo. De conformidade co disposto na base III.1.13 da convocatoria, contra estes acordos poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2012.

Xan Xosé Castro Dapena
Presidente do tribunal