Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2012 Páx. 19897

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2012 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 24 de febreiro de 2012 (publicado no BOE do 26 de marzo de 2012 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 5 de marzo de 2012).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da Memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008 da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 21 de abril de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidade participante: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

63

Optativas

3

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

24

Créditos totais

90

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

O Proceso de Investigación: Técnicas Cualitativas, Estudo de Caso e Método Comparado

3

Obrigatorio

Métodos e Técnicas Avanzadas de Investigación Aplicadas á Xestión Pública

Método Cuantitativo de Investigación e Técnicas Estatísticas

3

Obrigatorio

Xestión da Información para a Investigación en Xestión Pública

3

Obrigatorio

Metodoloxía para a Elaboración e Defensa dos Resultados da Investigación

3

Obrigatorio

Inglés Aplicado ás Ciencias Sociais

3

Optativo

Métodos de Análisis de Redes Políticas

3

Optativo

Teoría Política Contemporánea

3

Obrigatorio

Política, Democracia e Goberno: Problemas e Tendencias Actuais

Retos da Gobernanza: Corrupción e Desafección Política

3

Obrigatorio

Análise Política: Institucións, Actores e Procesos

3

Obrigatorio

Temas Actuais en Política Internacional: Globalización e Procesos de Integración

3

Obrigatorio

Clásicos da Administración Pública

3

Obrigatorio

Novos Deseños Institucionais para o Goberno das Sociedades Complexas

Paradigmas do Cambio Institucional: do Neoinstitucionalismo á Gobernanza

3

Obrigatorio

Modernización na Administración Pública e Modelos de Xestión

3

Obrigatorio

A Dirección de Persoas como Eixe do Cambio nas Organizacións Públicas

3

Obrigatorio

Teorías do Liderado Público. Estado da Cuestión

3

Obrigatorio

Análise de Problemas e Construción da Axenda Pública

3

Obrigatorio

Recursos para a Mellora da Dirección Pública

A Decisión Política e Implementación de Políticas Públicas

3

Obrigatorio

Auditoría e Avaliación Pública

3

Obrigatorio

Xestión de Redes: Persoas e Equipos de Alto Rendimento

3

Obrigatorio

Teoría e Técnicas de Negociación Sociopolítica: Xeración de Consenso e Confianza

3

Obrigatorio

Novos Deseños Estratéxicos no Contexto do Goberno Electrónico

3

Obrigatorio

Xestión de Coñecemento e Responsabilidade Social Corporativa

3

Obrigatorio

Administración Financeira e Orzamentaria

3

Obrigatorio

Traballo Fin de Máster

24

Obrigatorio

Traballo Fin de Máster

Para a obtención do título de máster universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional, o alumnado deberá superar os 90 ECTS de que consta o máster.