Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2012 Páx. 19994

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2012 pola que se acorda abrir información pública con motivo da solicitude de modificación de titularidade con respecto á parcela 1022 do expediente expropiatorio iniciado con ocasión das obras Treito 2 Vía Ártabra V.G.1.3: enlace Meirás-Veigue (AC-526), clave AC/04/156.01.2, no termo municipal de Oleiros.

Con data do 31 de marzo de 2009 tivo lugar o levantamento da acta previa á ocupación do predio 1022, cunha superficie e bens afectados de 3.044 m2 solo rústico protección forestal e monte-monte e 3.044 m2 arboredo (plantación eucaliptal), a nome de José Pederíquez, Manuel Barreiro Vecino, Asunción Illanes Ramos, Francisca Illanes Ramos e Victoria Illanes Ramos.

M.ª Emilia Bello Barreiro, por unha parte, e Pablo Pereiro Barreiro, por outra, solicitan o cambio de titularidade segregando do predio 1022 da obra de referencia tres predios, de modo que resulte como segue:

– Predio 1022, superficie e bens afectados: 871 m2 solo rústico protección forestal e monte-monte e 871 m2 arboredo (plantación eucaliptal), a nome de José Pederíquez, Manuel Barreiro Vecino, Francisca Illanes Ramos, Asunción Illanes Ramos e Victoria Illanes Ramos.

– Predio 1022-A, superficie e bens afectados: 740 m2 solo rústico protección forestal e monte-monte e 740 m2 arboredo (plantación eucaliptal), a nome de M.ª Emilia Bello Barreiro.

– Predio 1022-B, superficie e bens afectados: 958 m2 solo rústico protección forestal e monte-monte e 958 m2 arboredo (plantación eucaliptal), a nome de Pablo Pereiro Barreiro.

– Predio 1022-C, superficie e bens afectados: 475 m2 solo rústico protección forestal e monte-monte e 475 m2 arboredo (plantación eucaliptal), a nome de descoñecido.

Conforme o artigo 86 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, acórdase dar publicidade á solicitude de cambio de titularidade e abrir información pública durante un prazo de 20 días a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución para que os interesados poidan formular alegacións, entendendo que, de non presentalas no prazo indicado, non existe oposición a ela, polo que se procederá a efectuar o cambio solicitado.

A Coruña, 16 de abril de 2012.

Antonio López Blanco
Xefe do Servizo