Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2012 Páx. 19968

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2012 pola que se fai pública a declaración de deserto do procedemento de licitación do contrato de servizos para a vixilancia e a seguridade nos centros dependentes da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na Coruña.

En cumprimento do disposto nos artigos 153 e 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a declaración de deserto do procedemento de licitación do contrato de servizos para a vixilancia e a seguridade nos centros dependentes da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na Coruña, nos termos seguintes:

1.1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG n.º 6, do 10 de xaneiro de 2012.

1.2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: vixilancia e seguridade nos centros dependentes da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na Coruña.

1.3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 718.655,80 €.

IVE (18%): 129.358,04 €.

Importe total: 848.013,84 €, IVE incluído.

Anualidades: 2012: 424.006,92 € c/ IVE.

2013: 424.006,92 € c/ IVE.

1.5. Deserto.

Data de declaración de deserto: 10 de abril de 2012.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2012.

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria