Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2012 Páx. 19908

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 20 de decembro de 2011, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, polo que se procede a dar publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca, para vinculación temporal de interinidade, unha praza de facultativo especialista da Área de Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo.

A Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, en virtude das competencias que lle foron atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estructura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 28 de setembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia n.º 188, do 30 de setembro), pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos, resolve proceder ao anuncio da convocatoria para a vinculación temporal de interinidade, dunha praza de facultativo especialista da Área de Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo.

A citada convocatoria estará exposta nos taboleiros de anuncios do centro hospitalario.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario no prazo de quince días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 20 de decembro de 2011.

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés