Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2012 Páx. 19976

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se anuncia a convocatoria pública do procedemento de contratación aberto, polo trámite urxente, para a adxudicación do contrato de xestión de servizo público na modalidade de concerto, denominado: acollemento residencial de menores en situación de desamparo ou risco, que estean tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia. 20 prazas. Lugo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: 49/2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: acollemento residencial de menores en situación de desamparo ou risco, que estean tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia.

b) Lugar de execución: cidade de Lugo.

c) Prazo de execución: desde a formalización do contrato e ata o 31 de decembro do 2013.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importes unitarios máximos por praza/día:

Prezo prazas xerais: sen IVE: 51,50 €. IVE 8%: 4,12 €. Total con IVE: 55,62 €.

Prezo prazas especiais: sen IVE: 66,05 €. IVE 8%: 5,28 €. Total con IVE: 71,33 €.

Prezo prazas día: sen IVE: 43,50 €. IVE 8%: 3,48 €. Total con IVE: 46,98 €.

Orzamento máximo previsto con IVE: 604.240,38 €.

5. Garantías.

Provisional: non se require.

Definitiva: si (5% do orzamento base de licitación. IVE excluído).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Traballo e Benestar. Subdirección Xeral de Familia e Menores.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono de información: 981 54 56 65/981 54 46 30.

d) Telefax: 981 95 75 91.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata finalizar o prazo para a presentación de proposicións. Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17505

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Outros requisitos: a solvencia económica, financeira e técnica acreditarase mediante a presentación dos documentos exixidos no prego de cláusulas administrativas particulares (cláusula 13).

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ata as 19.00 horas (agás os sábados, que será ata as 14.00 horas) do oitavo (8) día natural, que non coincida en sábado ou festivo, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia do complexo administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar, dentro do prazo de admisión indicado, a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 95 75 91) no mesmo día.

Se a documentación se presentase en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación .

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Lugar de apertura dos sobres: sala de xuntas da Secretaría Xeral de Política Social.

e) Data de apertura dos sobres B e C. Sobre B: nun prazo non superior a sete días contados desde a apertura do sobre que contén a documentación administrativa (sobre A) e darase a coñecer con antelación suficiente no perfil de contratante. Sobre C: o décimo quinto día hábil seguinte ao de finalizar o prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ao seguinte día hábil.

f) Hora: 10.00 horas.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2012.

P.D. (Artigo 1 da Orde 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar