Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2012 Páx. 19903

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 845/2011, interposto por María Mercedes Robles Gómez.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 845/2011, interposto por María Mercedes Robles Gómez, contra a Orde do 5 de outubro de 2011 pola que se convoca para a elección de destino definitivo dos aspirantes que superaron o proceso selectivo para ingreso na categoría 041 (técnico/a ambiental), do grupo II, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia convocado pola Orde do 10 de febreiro de 2009 (DOG núm. 37, do 23 de febreiro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2012.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública