Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19734

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2012 pola que se adhiren dúas entidades financeiras ao convenio de colaboración para a habilitación dunha liña de financiamento específica para os produtores galegos de uva, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades financeiras adheridas.

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 19 de decembro de 2011, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes a aprobación das bases reguladoras das axudas do Igape para a habilitación dunha liña de financiamento específica para os produtores galegos de uva, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades financeiras adheridas. Sendo as ditas bases publicadas mediante Resolución do 10 de abril de 2012 (DOG n.º 69, do 11 de abril).

Xunto co texto das devanditas bases publicouse a relación das entidades financeiras que se adheriron ao convenio.

Téndose ratificado con data 19 de abril de 2012 a adhesión das entidades financeiras Banco Popular Español, S.A. e Banco Pastor, S.A., cómpre facelo público.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12.a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica e do artigo 11.1.a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o regulamento do Igape,

RESOLVO:

Único. Engadir as entidades financeiras Banco Popular Español, S.A. e Banco Pastor, S.A., á relación de entidades financeiras adheridas ao convenio de colaboración para a habilitación dunha liña de financiamento específica para os produtores galegos de uva, asinado o 11 de abril de 2012.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2012.

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica