Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a contratación da subministración de bens de forma sucesiva e por prezo unitario mediante acordo marco con procedemento aberto e adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas e criterios cuxa cuantificación depende de xuízos de valor, para a adquisición de material para determinacións de seroloxía (MS-CHC1-12-001).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde, Servizo de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, As Xubias 84. 15006 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

b) Correo electrónico: Contrataciones.CHUAC@sergas.es

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Data límite de obtención de documentación e información: 8 de xuño de 2012.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de material para determinacións de seroloxía.

c) División por lotes e número de lotes: existen catro (4) lotes.

d) Lugar de execución/entrega: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: 36 meses desde a formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: si. A duración do contrato, incluídas as prórrogas, non superará os 48 meses.

g) Establecemento dun acordo marco: si.

h) CPV: 33696500-0.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

a) Criterios de adxudicación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

a) Orzamento sen IVE: 999.105,84 euros.

b) IVE: 79.928,47 euros.

c) Importe co IVE: 1.079.034,31 euros.

5. Garantías exixidas:

• Provisional: non.

• Definitiva: cinco por cento do valor estimado dos contratos derivados do acordo marco, excluído o imposto sobre o valor engadido.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas o de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 8 de xuño de 2012.

b) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (planta baixa do Hospital A Coruña).

2. Domicilio: As Xubias de Arriba, 84.

3. Localidade e código postal: A Coruña, 15006.

c) Admisión de variantes: non.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o recollido no artigo 145 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas:

a) Dirección: sala de xuntas de Xestión do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña. Planta soto do hotel de pacientes (anexo ao hospital da Coruña). As Xubias de Arriba, 84.

b) Localidade e código postal: A Coruña, 15006.

c) Data e hora: a data de celebración de apertura do sobre B, relativo a criterios non valorables de forma automática, e do sobre C, relativo a criterios valorables de forma automática, publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es.

9. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios. Véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 17 de febreiro de 2012.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 3 de maio de 2012.

A Coruña, 13 de abril de 2012.

Alfredo García Iglesias
Xerente da Xestión Integrada da Coruña