Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19603

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2012 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de maio de 2012, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Axencia Galega de Infraestruturas.

A aprobación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Infraestruturas xustifícase para dar cumprimento ao que establece o decreto polo que se aproban os seus estatutos.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de maio de 2012, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a relación de postos de traballo da Axencia Galega de Infraestruturas, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte desta.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 10 de maio de 2012, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Infraestruturas, e coa finalidade de cumprilo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2012.

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file