Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19599

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 321/2011, interposto por Ignacio Louro Ojea e outros.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 321/2011, interposto por Ignacio Louro Ojea, María Ángeles Alvela Varela, Juan Francisco Carriedo Villanueva, José Luis Balsa Calvo, María Cristina Blanco de Azpiazu, Alicia María Cagiao Míguez, Josefina Candal López, Carlos Caridad Sabio, María Esther Castelo Loures, María José Corral Suárez, María Teresa Chimeno Díaz, Mercedes Oliva España Parafita, María Leonor Fernández Puyol, María Luisa Fernández Rodríguez, Fernando Ferreiro Vivero, Sonia Fondevila González, Ángel María Fraga Bermúdez de Castro, Elisa García Hermida, María del Pilar González de la Huebra Díaz, Francisco Javier Iglesias Domínguez, María Begoña López González, María Purificación López Rodríguez, Ernesto Carlos Martín Sánchez, Encarnación María Moreno Pastorín, Otilia Mourelo Barreiro, María del Pilar Pérez Álvarez, María Micaela Ponte Izquierdo, Miguel Potel Vence, Carmen Puñal Conde, María Gloria Rivas Lis, María José Rivas Varela, María Elena Rivas Vieites, María Beatriz Rojo Ponte, Elisa de los Ángeles Rosa Rodríguez, María Teresa Sánchez Barros, Rosa María Sánchez Rey, María de los Ángeles Senín Varela, José Joaquín Sieira Ferrín, María Jesús Taboada Couceiro, María Jesús Togores Torres, María Manuela Villanueva Fernández e Susana Wonenburger Castro, contra a Resolución do 2 de xaneiro de 2011 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 30 de decembro de 2010, que aproba a relación de postos de traballo nos departamentos da Administración da Xunta de Galicia, referentes aos procesos de consolidación da disposición transitoria décima do V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG n.º 4, do 7 de xaneiro de 2011).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2012.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública