Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19596

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2012 pola que se outorgan as distincións ao mérito deportivo de Galicia 2012.

Por Resolución do 28 de outubro de 2010 da Secretaría Xeral para o Deporte (Diario Oficial de Galicia do 4 de novembro), creáronse as distincións ao mérito deportivo de Galicia, premios estes que serán concedidos en recoñecemento do labor ou traxectoria, notoria e exemplar no ámbito deportivo de Galicia, ás persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos, que estean contribuíndo, ou contribuísen ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e da educación física da nosa comunidade autónoma.

Na referida resolución establécese que os galardóns serán outorgados, anualmente e en número non limitado, por resolución do presidente da Xunta de Galicia, logo da proposta motivada do xurado cualificador.

En atención ao establecido, e logo da proposta motivada do xurado cualificador do 14 de maio,

DISPOÑO:

A concesión das distincións ao mérito deportivo de Galicia, na súa edición 2012, as seguintes persoas e entidades: María Abel Diéguez, Amancio Amaro Varela, Ánxeles Barreiro Rico, José Alfredo Bea García, José Manuel Bermúdez García, Pedro Campos Calvo-Sotelo, Antonio Cid Cortés, Luis Cid Pérez, Ramón Collazo Pazos, Juan Fernández García, José Fidalgo Veloso, Luisa M.ª García Pena, Jaime González Chas (a título póstumo), Jesús Hermida Cebreiro, Isidoro Hornillos Baz, Vicente Leirachá Aneiros, Juan Manuel López Mella (a título póstumo), Marcelino Martínez Cao, Enrique Míguez Gómez, Rosa Montoiro, Gregorio Pérez Rivera (a título póstumo), Severino Reija Vázquez, Estanislao Reverter Sequeiros (a título póstumo), Raúl Rey Formosel, Familia Rodríguez, José Manuel Rodríguez Díaz, Vicente José Rodríguez García, M.ª Hilda Rodríguez Rodríguez, Fernando Romay Pereiro, Luis Soria Montero, José Vázquez Pájaro (a título póstumo), Irmáns Veiga González (Constancio, a título póstumo, e Antonio), Francisco Villar García-Moreno (a título póstumo), BEGANO, C.B. Breogán, S.A.D., Club AMFIV, CRTVG, Océano Surf Club e Sporting Club Casino de A Coruña.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2012.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente da Xunta de Galicia