Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19573

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 14 de maio de 2012 pola que se suprime un rexistro auxiliar do rexistro xeral da Xunta de Galicia adscrito á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

O Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón no seu artigo 8.2 que a creación, modificación ou supresión das oficinas de rexistro auxiliares se fará mediante orde da consellería competente en materia de administracións públicas, por proposta da consellería ou entidade correspondente, logo de informe da Oficina de Rexistro Xeral.

Na Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas existen dous rexistros situados no mesmo edificio e, polo tanto, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas solicita a supresión dun deles.

Tendo en conta o anterior e con obxecto de manter a coherencia na organización administrativa, procede a supresión do rexistro MTR 10318-Rexistro do Servizo de Conservación da Natureza (Ourense).

Polo exposto e en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6 e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Suprímese o rexistro auxiliar do rexistro xeral da Xunta de Galicia adscrito á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza seguinte:

Rexistro auxiliar de Conservación da Natureza (MTR 10318) situado na rúa do Paseo n.º 18, 4.º e 5.º andar de Ourense.

Disposición derradeira primeira.

O establecido nesta orde non suporá incremento de gasto.

Disposición derradeira segunda.

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2012.

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza