Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19519

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2012 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de soporte técnico para o mantemento hardware e software dos equipamentos audiovisuais e de microinformática da Rede CeMIT e da sala de consellos da Xunta de Galicia (expediente 32/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 32/2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de mantemento hardware e software dos equipamentos de microinformática e sistemas audiovisuais e multimedia dos centros da Rede CeMIT e da sala de consellos da Xunta de Galicia, e o servizo de soporte técnico especializado para o uso dos ditos equipos.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo de execución: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 12 meses contados a partir da data de formalización do contrato. Antes da súa finalización, este contrato poderase prorrogar por mutuo acordo das partes por un prazo igual ou inferior ao fixado orixinariamente.

d) Admisión de prórroga: si, 12 meses.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 175.000,00 €, máis 31.500,00 € que corresponden ao IVE (18%), o que supón un total de 206.500,00 € (douscentos seis mil cincocentos euros), que se distribuirá nas seguintes anualidades:

– 2012: 102.083,33 € + IVE (18.375,00 €) = 120.458,33 €.

– 2013: 72.916,67 € + IVE (13.125,00 €) = 86.041,67 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17493

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: as empresas ofertantes deberán estar en posesión da clasificación de empresa de servizos no grupo V, subgrupo 2, categoría B.

Respecto das empresas non españolas de Estados membros da Comunidade Europea aplicarase o disposto no artigo 58, 66 e 84 do TRLCSP.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará ás 14.00 horas do día 25.6.2012.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro Único e de Información, situado no edificio administrativo San Caetano (luns a venres das 9.00 ás 19.00 horas e sábados das 9.00 ás 14.00 horas).

2. Dirección: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na alínea K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 16.5.2012.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2012.

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia