Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19510

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 30 de abril de 2012, da Secretaria Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención núm. 15/10/00186 (Orde do 21 de decembro de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á utilización de servizos de aconsellamento por persoas titulares de explotacións agrarias, e se convocan para o ano 2010).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de correos, notifícase á interesada que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de inicio dun procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención núm. 15/10/00186 (Orde do 21 de decembro de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á utilización de servizos de aconsellamento por persoas titulares de explotacións agrarias, e se convocan para o ano 2010).

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo, situada no edificio administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data da súa finalización.

Concédeselle á interesada un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da notificación do acordo de inicio, para que poida formular alegacións e presentar a documentación que estime conveniente ao seu dereito ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2012.

Francisco Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención núm. 15/10/00186.

Interesada: María de las Nieves Dacasa Lavandeira.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: Filgueira s/n, Boimorto, 15818 A Coruña.