Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19500

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por instalacións eléctricas L.M.T.A.S., C.T.C., Urbanización Altos da Silva, no concello de Porto do Son (expediente 129/2010).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aero-subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 580 m, con orixe en paso aero-subterráneo en apoio que se instalará no C.T. Silva e final no centro de transformación que se instalará no lugar de Altos da Silva, no termo municipal de Porto do Son (expediente 129/2010), por resolución desta xefatura territorial do 1 de marzo de 2012, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na avda. de Arteixo, n.º 171, 15007 da Coruña.

Esta xefatura territorial acorda sinalar o día 14 de xuño de 2012 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Porto do Son, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal El Ideal Gallego con datas 19.5.2011, 13.5.2011, 12.5.2011, respectivamente, acto ao cal deberán concorrer os propietarios propostos dos predios afectados, aos cales se lles practicará notificación individual, sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da devandita Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 2 de maio de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña