Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19388

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2012 pola que se acorda outorgar o distintivo de permanencia ao persoal dos distintos corpos de policía local dos concellos de Galicia.

A Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, establece no seu artigo 74 que o persoal dos corpos de policía local de Galicia pode ser distinguido ou recompensado de acordo co que se determine regulamentariamente.

Deste xeito o Decreto 243/2008, do 16 de outubro, de desenvolvemento da dita lei, determina no seu artigo 89 as modalidades de distincións; na letra c) figura o distintivo de permanencia a que se refire tamén o número 3 do artigo 90, cando expresa que este distintivo se entregará aos policías locais, calquera que sexa a súa categoría, cando se cumpran os requisitos de permanencia e de traxectoria profesional exixidos para a súa concesión.

O mesmo Decreto 243/2008, no seu artigo 93.1.º, establece que o distintivo de permanencia se entregará anualmente, mediante resolución do titular da unidade directiva competente en materia de coordinación de policías locais, aos policías locais cando cumpran 25 anos de servizos efectivos no corpo, calquera que sexa a súa categoría, sempre que non consten antecedentes desfavorables no seu expediente persoal ou pendentes de cancelar, cuestións que deberán acreditar os concellos a que corresponda.

De acordo, entón, co previsto no artigo 93.1.º antes citado, do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar como anexo a listaxe de persoas ás cales se lles entregará o distintivo de permanencia, por teren cumpridos, en 31 de decembro de 2011, 25 anos de servizo nos corpos de policía local, segundo as certificacións dos respectivos concellos de pertenza, tanto respecto do tempo de servizos como do resto de requisitos.

Segundo. Comunicar esta listaxe do anexo aos respectivos concellos e publicala tamén para os efectos da súa consulta na páxina web da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Terceiro. As persoas que non figurasen na listaxe do anexo e cumpran cos requisitos para esta distinción deberán solicitar a súa inclusión a través dos respectivos concellos, que remitirán as preceptivas certificacións de cumprimento dos requisitos a esta unidade directiva para a resolución correspondente.

Cuarto. Comunicarlles ás persoas que se van distinguir, cuxa listaxe figura no anexo seguinte, que a entrega da dita distinción será o vindeiro 24 de maio no salón de actos da Academia Galega de Seguridade Pública, acto ao cal terán que acudir coa uniformidade de gala ou ordinaria de representación; a comparecencia realizarase ás 11.30 horas da mañá.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2012.

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Listaxe do persoal dos corpos de policía local dos concellos de Galicia ao cal se lle outorga o distintivo de permanencia. (Listaxe alfabética, clasificada por provincias e concellos).

Distinción: distintivo de permanencia no servizo.

– Provincia da Coruña.

Concello da Coruña:

Juan Carlos Buján Martínez

Josefa Fernández Ibias

Concello de Betanzos:

Raúl Brea Morlán

Manuel Seijo Vázquez

Concello de Carballo:

José Ramón Anido López

Manuel Carro Carballido

Concello de Culleredo:

José Ramón Couceiro Ares

Sergio López Naya

José Luis López Pazos

Concello de Ferrol:

Ramiro Couce Calvo

– Provincia de Lugo.

Concello de Foz:

Alberto Leivas Rodríguez

Concello de Lugo:

José Domingo Astariz Vila

José Manuel Castro Pena

Jesús Dorado Arias

Alfonso Estévez Fernández

Carlos Flores Fernández

Marcial Folgueira Abraira

Ángel Lazare Gómez

José Antonio López Díaz

Benito Martínez Muinelo

Ramón Martínez Tallón

José Antonio Mera López

José Luis Neira López

José Antonio Núñez Corral

Jesús Sanjiao Modia

Concello de Vilalba:

César González Vázquez

– Provincia de Ourense.

Concello do Barco de Valdeorras:

Arturo Emilio Rebollar López

– Provincia de Pontevedra.

Concello de Marín:

Andrés Amaro Pérez

Concello do Porriño:

Francisco Javier Pires Bouzón

Florencio Porto Prego

Concello do Rosal:

Joaquín Suárez Vicente

Concello de Poio:

Jaime Martínez Rial

Concello de Pontevedra:

José Manuel González Abal

Concello de Vilagarcía de Arousa:

María del Carmen Roca López