Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19494

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 30 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se notifican os acordos relativos aos expedientes que se relacionan, de iniciación do procedemento de cancelación das inscricións de salóns recreativos e de xogo e de revogación das súas autorizacións no Rexistro de Empresas de Máquinas de Xogo.

Segundo consta no expediente, intentada a práctica doutras notificacións coas empresas relacionadas no anexo, non foi posible realizalas, por causa «domicilio descoñecido». Polo tanto, ao ignorarse o lugar para o efecto de notificacións, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, acórdase que se proceda á publicación deste presente acordo no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos dos concellos correspondentes.

Os interesados poderán examinar o acordo completo no Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, sito na rúa Roma n.º 25-27 de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

No prazo de dez días hábiles contados desde a publicación deste acordo, poderán presentarse as alegacións e a documentación que se considere oportuno.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2012.

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Empresa operadora: Recreativos Bellón y Cía., S.L.

CIF: B-15006562.

Salón recreativo: Beirut 73.

Último enderezo coñecido: Cantón de Molíns, 3. 15036 Ferrol (A Coruña).

Data do acordo: 30 de abril de 2012.

Causa da revogación: inactividade.

Empresa operadora: Recreativos Radovir 2000, S.L.

CIF: B-15802150.

Salón recreativo: La Fuente.

Último enderezo coñecido: rúa Rectoral, 7. 15037 Ares (A Coruña).

Data do acordo: 30 de abril de 2012.

Causa da revogación: inactividade.

Empresa operadora: Recreativos Ecar, S.L.

CIF: B-36043818.

Salón recreativo: La Sala.

Último enderezo coñecido: Transversal Troncoso, 5 baixo. 36780 A Guarda (Pontevedra)

Data do acordo: 30 de abril de 2012.

Causa da revogación: inactividade.

Empresa operadora: Sala Pasatempos, S.L.

CIF: B-27123975.

Salón recreativo: Pasatempos.

Último enderezo coñecido: rúa Gómez Jiménez s/n baixo. 27640 Becerreá (Lugo).

Data do acordo: 30 de abril de 2012.

Causa da revogación: inactividade.

Empresa operadora: Recreativos Garlo, S.L.

CIF: B-15131808.

Salón de xogo: Olímpia.

Último enderezo coñecido: rúa Federico Tapia, 8. baixo, 15005 A Coruña.

Data do acordo: 30 de abril de 2012.

Causa da revogación: inactividade.

Empresa operadora: Recreativos Bola 13, S.L.

CIF: B-15146434.

Salón recreativo: Bola 13.

Último enderezo coñecido: estrada Coruña-Fisterra s/n. 15150 Baio-Zas (A Coruña).

Data do acordo: 30 de abril de 2012.

Causa da revogación: inactividade.