Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19338

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 30 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores que se relacionan.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural e do Mar, sita na rúa Fernández Ladreda, edificio administrativo, 2.º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 30 de abril de 2012.

Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0280/2011-LSA.

Denunciada: Teresa García Soriano.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0283/2011-LSA.

Denunciado: Carlos Castro Iglesias.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0085/2012-IUL.

Denunciado: Ángel Blanco Soteliño.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: PES-PO-0045/2011-V.

Denunciado: Juan Manuel Sánchez Cobián.

Acto de notificación: proposta de resolución.