Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e ordinario, da subministración sucesiva de auga, atún e ovo líquido, para o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (MS-CHS1-12-029).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Hospital Clínico Universitario. Servizo de Contratación Administrativa.

2. Enderezo: A Choupana, s/n.

3. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

4. Teléfono: 981 95 02 60.

5. Telefax: 981 95 09 85.

6. Correo electrónico: susana.carro.varela@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: MS-CHS1-12-029.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración sucesiva de auga, atún e ovo líquido para o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: véxanse pregos.

d) Lugar de execución/entrega: nas cociñas do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

1. Domicilio: Complexo Hospitalario Universitario-A Choupana, s/n.

2. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): si.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 15981000-8, 15241400-3 e 03142500-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxanse pregos.

4. Valor estimado do contrato: 174.596,56 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 71.263,90 euros. Importe total: 76.965,02 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non.

Definitiva: si.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría), se é o caso:

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos:

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: véxanse pregos.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

2. Enderezo: A Choupana, s/n.

3. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

4. Enderezo electrónico: susana.carro.varela@sergas.es

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido):

e) Admisión de variantes, se procede: véxanse pregos.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario.

c) Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: véxanse pregos.

11. Outras informacións:

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2012.

Luis Verde Remeseiro
Xerente da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela