Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19219

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 26 de abril de 2012 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nos servizos periféricos desta consellería.

Convocada pola Orde do 20 de febreiro de 2012 (DOG n.º 53, do 15 de marzo), a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nos servizos periféricos da Consellería de Sanidade, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4 da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nos servizos periféricos da Consellería de Sanidade, anunciada pola Orde do 20 de febreiro de 2012 (DOG n.º 53, do 15 de marzo).

Segundo. Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, ao persoal que se relaciona no anexo a esta orde.

Terceiro. O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. De non estimar a interposición deste recurso poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2012.

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Apelidos e nome: Sánchez Sostre, Gloria.

NRP: 3601439913 A205W.

Grupo: A1.

Nivel C.D.: 28.

Posto de traballo: xefatura do Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria.

Dependencia: Xefatura Territorial.

Localidade: Pontevedra.

Apelidos e nome: Faraldo Vallés, M.ª José.

NRP: 3498402124 A205W.

Grupo: A1.

Nivel C.D.: 28.

Posto de traballo: xefatura do Servizo de Alertas Epidemiolóxicas.

Dependencia: Xefatura Territorial.

Localidade: Pontevedra.

Apelidos e nome: Muíños Grajal, M.ª Beatriz.

NRP: 35252716624 A205X.

Grupo: A1.

Nivel C.D.: 28.

Posto de traballo: xefatura do Servizo de Laboratorio de Saúde Pública.

Dependencia: Xefatura Territorial.

Localidade: Pontevedra.

Apelidos e nome: Agrasar Muíños, Rosa.

NRP: 3525897868 A2060.

Grupo: A1.

Nivel C.D.: 28.

Posto de traballo: xefatura do Servizo de Xestión.

Dependencia: Xefatura Territorial.

Localidade: Pontevedra.