Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2012 Páx. 18977

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG núm. 142, do 26 de xullo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 14 de maio de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 15 de decembro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, acordou, de conformidade co disposto nas bases II.1.1.3 e II.1.2.6 da convocatoria, que o terceiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 6 de xuño de 2012, nas aulas 2 e 11 do edificio en que ten a súa sede a Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, As Fontiñas, Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2012.

María del Mar Pousa Cobas
Presidenta do tribunal