Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2012 Páx. 18994

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos para o acondicionamento e a consolidación arqueolóxica para a posta en valor do castro de Baroña, en Porto do Son (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 5, tema prioritario 57.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Ley de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Fomento e Cooperación.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 22 de xullo de 2011.

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: acondicionamento e consolidación arqueolóxica para a posta en valor do Castro de Baroña, en Porto do Son (A Coruña).

1.3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: non harmonizado.

1.4. Orzamento base de licitación: 102.000,00 euros, IVE excluído.

1.5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 15 de decembro de 2011.

b) Data de formalización do contrato: 30 de decembro de 2011.

c) Contratista: Terra Arqueos, S.L.

d) Importe de adxudicación: 94.860,00 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2012.

M.ª Carmen Pardo López
Secretaria xeral para o Turismo