Para os efectos previstos no artigo 11.1) da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, acórdase dar publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC) nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2012 e que se relacionan no anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 3 de maio de 2012.
M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable
ANEXO
N.º 1.
Título: Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Centro Informático de Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.
Obxecto: a participación nas actividades da EGAP do persoal dependente do CIXTEC, así como a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da competencia das institucións asinantes del; actuando de forma máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e organizacionais de cada unha delas, para un mellor cumprimento dos fins de ambas as dúas partes, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega.
Sinatura: 24 de xaneiro de 2012.
Importe: 0 €.