Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18891

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a ampliación do prazo de licitación do servizo de vixilancia e seguridade do centro de educación especial Terra de Ferrol no concello de Ferrol (A Coruña). (Expediente ED-24/12SE).

1. O 30 de abril de 2012 publicouse no Diario Oficial de Galicia (n.º 82, páxinas 15796 a 15798), a Resolución do 13 de abril de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a contratación do servizo de vixilancia e seguridade do centro de educación especial Terra de Ferrol no concello de Ferrol (A Coruña), mediante procedemento aberto.

2. Dada a nova información, de carácter indicativo, facilitada pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, referente ao persoal obxecto de subrogación que afecta este servizo, dáse publicidade ao anexo I, Cadro indicativo, do prego de prescricións técnicas.

RESOLVO:

Primeiro.

Ampliar o prazo de presentación de solicitudes de participación para esta contratación en quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2012.

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria