Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18776

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como, para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables, na comunidade autónoma, a homologación dos ditos cursos, e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que vai ter lugar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora.

Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.

3. Data.

Os días 8, 15, 22 e 29 de xuño de 2012.

4. Lugar de celebración.

Instalacións do Grupo Sada. Duarría, s/n. Castro Ribeiras de Lea.

27260 Castro de Rei. Lugo.

5. Número de prazas.

Máximo 20 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/o manipulen produtos biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes.

Solicitude só para a empresa destinataria e segundo o modelo anexo I.

9. Programa.

Día 8.6.2012

16.00-21.15 h

Biocidas. Historia. Descrición e xeneralidades. Lexislación I.

Riscos para o home derivados do uso dos biocidas. Lexislación II.

Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de biocidas.

Exercicios prácticos: fichas de datos de seguridade.

Exercicios prácticos: interpretación de pictogramas e etiquetas de biocidas.

Día 15.6.2012

16.00-21.15 h

Métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación.

Exercicios prácticos: preparación e cálculo de disolucións. Uso adecuado dos medios de protección persoal.

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios na intoxicación por biocidas.

Prácticas primeiros auxilios.

Día 22.6.2012

16.00-21.15 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e na industria alimentaria.

Historia ecolóxica das pragas. Clasificación e características.

Pragas urbanas. Bioloxía das pragas urbanas.

Día 29.6.2012

16.00-21.15 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e na industria alimentaria.

Pragas de interese en saúde pública.

Biocidas e ambiente. Problemas. Destrución de envases.

Residuos de biocidas e contaminación.

Medidas preventivas da contaminación do ambiente. Alteracións do equilibrio ecolóxico. Xestión de residuos.

Avaliación tipo test.

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2012.

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO I
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.

Datas: os días 8, 15, 22 e 29 de xuño de 2012.

Lugar de celebración do curso: instalacións do Grupo Sada. Duarría, s/n. Castro Ribeiras de Lea, 27260 Castro de Rei, Lugo.

Duración: 20 horas teórico-prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: de 16.00-21.15 h.

N.º de prazas: máximo 20 alumnos.

Presentación de solicitudes: enviarase a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, unha fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L., avda. Primo de Rivera n.º 4, 2.º local 6-7, 15006 (A Coruña). Tel.: 981 24 54 18, fax: 981 16 81 59, correo electrónico biocontrol@biocontrolbcl.com

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Empresa .......................................................... CIF: ...........................................................

Enderezo: ........................................................ CP: ...........................................................

Localidade: ...................................................... Provincia: ..................................................

Teléfono:........................................................... Fax: ..........................................................

Correo electrónico:..............................................................................................................

Apelidos e nome

NIF