O 14 de febrero de 2012 ditouse resolución no expediente sancionador de referencia, seguido contra as entidades Arpa Incoming, S.L. e Recoge Galicia Gestión, S.L. pola comisión de infraccións tipificadas no artigo 116.3.a), d) e e) do texto refundido da Lei de augas e cualificadas como graves no artigo 317 do Regulamento do dominio público hidráulico.
Intentada a notificación da dita resolución á entidade Arpa Incoming, S.L. por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolto polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle a resolución ao interesado e fáiselle saber que unha copia dela se encontra á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela. Esta resolución, que esgota a vía administrativa, é impugnable directamente perante os órganos competentes da xurisdición contencioso- administrativa determinados nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, logo da interposición potestativa do recurso de reposición ante Augas de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte á súa notificación, de acordo co previsto no artigo 36.1 do Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o Estatuto da entidade pública empresarial Augas de Galicia, e nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Santiago de Compostela, 20 de abril de 2012.
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia