Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18692

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Punxín

ANUNCIO de información pública relativo á delimitación do núcleo de Barxelas.

Neste Concello tramítase expediente de delimitación do núcleo rural común de Barxelas, Punxín, que se somete a información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia, segundo o disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 2/2010, do 25 de marzo.

Todo isto para efectos de exame e reclamacións do expediente por parte dos interesados, que se encontra de manifesto na Secretaría do concello e que poderá ser consultado de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas.

Punxín, 13 de abril de 2012.

Manuel Vázquez Fernández
Alcalde