Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18688

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de convocatoria para prover postos de traballo polo sistema de libre designación.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña n.º 58, do 23 de marzo de 2012, publicouse resolución da tenente de alcalde delegada de Persoal, por delegación da Xunta de Goberno Local do día 5 de marzo de 2012, pola que se aproban as bases de:

– 1 posto de xefe do Servizo de Deportes e Xuventude. Libre designación. Grupo A1.

– 1 posto de xefe do Servizo de Servizos Sociais e Cooperación. Libre designación. Grupo A1.

– 1 posto de xefe do Servizo de Cultura e Igualdade. Libre designación. Grupo A1.

– 1 posto de xefe do Servizo de Museos Científicos. Libre designación. Grupo A1.

– 2 postos de secretarias/os da Alcaldía. Libre designación. Grupo C1/C2.

– 9 postos de secretarias/os de concelleira/o. Libre designación. Grupo C1/C2.

– 3 postos de secretarias/os de dirección. Libre designación. Grupo C1/C2

O prazo de presentación de instancias será de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 17 de abril de 2012.

Martín González Rodríguez
Director de Facenda e Administración Pública