Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18619

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2012/98-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, n.º 204, 36207 Vigo.

Denominación: reforma saída TRO 714 (1.ª fase) e C.S.

Situación: Vigo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV con condutor tipo R.H.Z. de 1.104 metros de lonxitude, con orixe no tramo TRO7140722 e final na cela de liña do centro de transformación San Xoán 1 unha vez que alimente o C.S. proxectado. Centro de seccionamento, con celas compactas con corte en SF6, situado no camiño troncal, Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo, avda. Fernández Ladreda 43-5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 23 de abril de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra