Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18569

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 7 de maio de 2012 pola que se anuncia a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de catro postos de traballo vacantes na Axencia Galega de Innovación.

De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do citado decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, catro postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan os requisitos sinalados no anexo I.

Terceiro. As solicitudes dirixiranse por escrito, segundo o modelo que se inclúe no anexo II, á Consellería de Economía e Industria, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e poderán presentarse en calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán unir á petición un currículum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen. Os méritos alegados e non probados non se terán en conta.

Quinto. Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Economía e Industria. No caso de que resulte seleccionado/a para ocupar o posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde un/unha funcionario/a con destino noutras administracións públicas, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma conforme o previsto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Se no prazo de dous meses a partir da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia o funcionario/a seleccionado/a non se pode incorporar ao seu posto de traballo por non estar resolto o seu traslado á Comunidade Autónoma de Galicia, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto se se considera oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días se o destino anterior radica na mesma localidade do novo destino, e dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ao servizo activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días seguintes ao da publicación da resolución desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á comunidade autónoma, para o caso de funcionarios/as doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición, perante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2012.

Javier Guerra Fernández
Conselleiro de Economía e Industria

ANEXO I

Código: IN.C03.00.001.15770.008.

Denominación do posto: xefe/a da División de Administración e Contratación.

Dependencia: Axencia Galega de Innovación.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipos de posto: S.

Corpo ou escala: xeral.

Subgrupo: A1-A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84 €.

Tipo de adscrición: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia).

Código: IN.C03.00.002.15770.031.

Denominación do posto: xefe/a da División de Asesoramento, Programas de Financiamento e Investimentos Estratéxicos.

Dependencia: Axencia Galega de Innovación.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipos de posto: S.

Corpo ou escala: xeral.

Subrupo: A1-A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84 €.

Tipo de adscrición: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia).

Código: IN.C03.00.002.15770.040.

Denominación do posto: xefe/a da División de Xestión da Innovación.

Dependencia: Axencia Galega de Innovación.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipos de posto: S.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Subgrupo: A1-A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84 €.

Tipo de adscrición: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia).

Código: IC.C03.00.000.15770.001.

Denominación posto: secretario/a do director/a.

Dependencia: Axencia Galega de Innovación.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipos de posto: N.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo: C1/C2.

Nivel: 18.

Complemento específico: 6.447,56 €.

Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado e Administración de comunidades autónomas).

Formación específica: 020 (coñecemento informática nivel usuario) e 641 (para persoal doutra Administración, curso de iniciación de galego, R.I.).

missing image file
missing image file