Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 abril de 2012, da Dirección de Xerencia do Hospital Comarcal de Monforte, pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo de limpeza para o Hospital Comarcal de Monforte (AB-HCM1-11-002).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Hospital Comarcal de Monforte.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-HCM1-11-002.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: procedemento aberto.

b) Descrición: servizo de limpeza para o Hospital Comarcal de Monforte.

c) Lote (de ser o caso): lote único.

d) CPV (referencia da nomenclatura): 90911200-8 servizos de limpeza de edificios.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea, Boletín Oficial del Estado, Diario Oficial de Galicia e perfil do contratante.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: 17 de agosto de 2011.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 1.362.881,36 euros. IVE (18%) 245.318,64 euros. Importe total: 1.608.200,00 euros.

5. Adxudicación:

a) Data: 22 de marzo de 2012.

b) Data de formalización: 20 de abril de 2012.

c) Contratista: Limpiezas Faro, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 1.217.361,30 euros. IVE (18%) 219.125,03 euros. Importe total: 1.436.486,33 euros.

Vantaxes da oferta adxudicataria: é a mellor oferta considerada en conxunto, atendendo aos criterios de adxudicación.

Monforte de Lemos, 20 de abril de 2012.

Benigno Pérez Martínez
Director xerente do Hospital Comarcal de Monforte