Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18311

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de tres postos de condutor de instalacións para o Hospital Teresa Herrera.

Convocada pola Resolución do 20 de decembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia n.º 17, do 25 de xaneiro de 2012), a provisión de tres postos de condutor de instalacións para o Hospital Teresa Herrera, pertencente á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, esta xerencia, de conformidade coa competencia atribuída na Orde da Consellería de Sanidade do 15 de xuño de 2009 (Diario Oficial de Galicia n.º 119, do 19 de xuño), modificada pola Orde do 28 de setembro de 2011, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de tres postos de condutor de instalacións no Hospital Teresa Herrera, pertencente á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, convocados pola Resolución do 20 de decembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia n.º 17, do 25 de xaneiro de 2012).

Segundo. Nomear, para os postos que se indican, as persoas citadas no anexo de esta resolución.

Terceiro. Os aspirantes nomeados deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada dos interesados, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que establece a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 12 de abril de 2012.

Alfredo García Iglesias
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Denominación do posto: condutor de instalacións do Hospital Teresa Herrera, pertencente á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

Nome e apelidos: Juan Manuel Parada Sánchez.

DNI: 32783433-S.

Nome e apelidos: Ricardo Serrano Ruiz.

DNI: 32398691-V.

Nome e apelidos: José Antonio Paredes Iglesias.

DNI: 32838041-K.