Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18395

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2012002TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 8 de marzo de 2012, o instrutor do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador n.º 2012002TA-OU incoado na Xefatura Territorial de Sanidade de Ourense a Pub Bik Bok (Tecnodifusión Barco, S.L.), con CIF: B32282733.

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Pub Bik Bok (Tecnodifusión Barco, S.L.), con CIF: B32282733, o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da xefatura, sita na avda. de Zamora n.º 13 de Ourense, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 20 de abril de 2012.

María Villar Suárez
Xefa territorial de ourense

ANEXO

Expediente sancionador 2012002TA-OU.

Denunciado: Pub Bik Bok (Tecnodifusión Barco, S.L.).

Documento de identificación: B32282733.

Último enderezo coñecido: Abdon Blanco, 8, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).

Feitos imputados: infraccións en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos e tipificación: artigos 19.3.b), infracción grave e 19.2.d), infracción leve da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e re-guladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos de tabaco.

Sanción proposta: seiscentos cincuenta euros (650,00 €).