Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18353

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 25 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se notifican os acordos relativos a expedientes de iniciación do procedemento de cancelación das inscricións de empresas operadoras, de salóns recreativos e de xogo e de revogación das súas autorizacións no Rexistro de Empresas de Máquinas de Xogo.

Segundo consta no expediente, unha vez intentada a práctica doutras notificacións coas ditas empresas, non foi posible realizalas pola causa de ter domicilio descoñecido. Polo tanto, ao se ignorar o lugar para o efecto de notificacións, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, acórdase que se proceda á publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos dos concellos correspondentes.

As persoas interesadas poderán examinar o acordo completo no Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, sito na rúa Roma n.º 25-27 de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

No prazo de dez días hábiles contados desde a publicación deste acordo, poderán presentarse as alegacións e a documentación que consideren oportunas.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2012.

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Empresa operadora: Recreativos Raba, S.L.

CIF: B-15113921.

Salón de xogo: Sala de Juegos Raba.

Último enderezo coñecido: praza do Concello, 1, 15960 Ribeira (A Coruña).

Data do acordo: 25 de abril de 2012.

Causa da revogación: aval insuficiente.

Empresa operadora: Recreativos Barreiro, S.L.

CIF: B-32017022.

Salón recreativo: As Lagoas.

Último enderezo coñecido: rúa Noventa e catro, 25. 32000 Ourense.

Data do acordo: 25 de abril de 2012.

Causa da revogación: aval insuficiente.