Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18197

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2012/96-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento L.M.T. BAL702 e GON806, C.T. Cesáreo Vázquez-Oia.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea dobre circuíto (BAL702 e GON806) de 292 metros de lonxitude cada un, con orixe, a BAL702, no tramo BAL7022393 (Moasa 2) e final no tramo BAL7022393 e a GON806 con orixe no tramo GON8062564 e final no tramo GON8062562 unha vez entre e saia do C.T. proxectado. Centro de transformación subterráneo de 630 kVA, R.T. 15 kV/400-230 V, situado na zona da avenida de Cesáreo Vázquez, Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo avda. Fernández Ladreda 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 19 de abril de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra