Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 17917

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na Comunidade Autónoma, a homologación dos ditos cursos, e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai a realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Diversey España, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora:

Diversey España, S.L.

3. Data:

Os días 21, 22, 23 e 24 de maio de 2012.

4. Lugar de realización:

Instalacións da empresa Entrepinares.

Polígono industrial de Vilalba.

Ampliación segunda, parcela 56.

27800 Vilalba, Lugo.

5. Número de prazas:

Máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo modelo anexo.

9. Programa:

Día 21.5.2012

15.30-18.30 h

Praguicidas e biocidas. Clasificación. Xeneralidades e modo de acción. Lexislación

18.30-19.30 h

Identificación e clasificación dos principais praguicidas.

19.30-20.30 h

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

Día 22.5.2012

15.30-16.30 h

Pragas de roedores. Estudo dos roedores. Raticidas para ratos e ratas. Desratización activa e pasiva.

16.30-18.30 h

Pragas de insectos e ácaros. Estudo destes. Insecticidas e acaricidas. Métodos de loita antivectorial en ambientes urbanos. Control integral de pragas.

18.30-19.30 h

Desinfección. Produtos usados. Técnicas.

19.30-20.30 h

Equipamentos de aplicación. Manexo de equipamentos de tratamento con biocidas.

Día 23.5.2012

15.30-17.30 h

Praguicidas e ambiente. Problemas que expón. Destrución de envases.

17.30-19.30 h

Elaboración dun plan integral de control de pragas dun local, establecemento ou industria alimentaria.

19.30-20.30 h

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

Día 24.5.2012

15.30-16.30 h

Hixiene e seguridade no manexo e aplicación.

16.30-17.30 h

Equipamentos de protección individual, normas de seguridade no manexo e aplicación de biocidas.

17.30-19.30 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación.

19.30-20.30 h

Primeiros auxilios no caso de intoxicación.

20.30-21.30 h

Exame final.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2012.

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Diversey España, S.L.

Datas: os días 21, 22, 23 e 24 de maio de 2012.

Lugar de realización do curso: instalacións da empresa Entrepinares, polígono industrial de Vilalba. Ampliación segunda, parcela 56, 27800 Vilalba, Lugo.

Duración: 20 horas teórico-prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: de 15.30-20.30 h, excepto o día 24 de maio, que será en horario de 15.30-21.30 h.

N.º de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase a Diversey España, S.L., rúa Retama, n.º 7, piso 7.º, 28045 Madrid. Teléfonos: 915 30 21 94/678 64 53 25 ou por correo electrónico:

javier.monerris@diversey.com, sergio.fernandez@diversey.com

Nome e apelidos: ...................................................................................................................

NIF/DNI: ................................................................................................................................

Enderezo: ..............................................................................................................................

CP: ........................ Localidade:..............................................................................................

Telefono: ..................................................... Correo electrónico: ...........................................