Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2012 Páx. 17737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da obra de construción dun punto limpo no Concello de Cervo (Lugo), cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70%, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4) Teléfono: 881 99 51 75/881 99 51 74.

5) Telefax: 881 99 93 26.

6) Correo electrónico: contratación.cmati@xunta.es

7) Enderzo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17397

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

a) Número de expediente: 3/2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obra.

b) Descrición: construción dun punto limpo no Concello de Cervo (Lugo), cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70%, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

c) Prazo de execución/entrega: cinco (5) meses.

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 45222100-0.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no punto 3.5.4. do prego de cláusulas administrativas particulares e no punto J do seu cadro de características.

4. Valor estimado do contrato: 241.050,95 €.

5. Presuposto base de licitación.

a) Importe neto: 241.050,95 €. Importe total: 284.440,12 €. O devandito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70%, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 44.

6. Garantías exixidas:

Definitiva (5% do orzamento de licitación, excluído o IVE): 12.052,55 €.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no punto 3.2. do prego de cláusulas administrativas particulares e nos puntos F e G do seu cadro de características.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincidise en sábado ou día inhábil o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade: a sinalada no punto 3.3. do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2. Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Dirección: edificio administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2012.

P.D. (Orde 15.3.2012; DOG n.º 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas