Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2012 Páx. 17797

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 26 de abril de 2012 polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 32006/2012.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial do Instituto Galego de Consumo o 26 de abril de 2012.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo, con enderezo na avda. de Zamora n.º 13, baixo, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 26 de abril de 2012.

Miriam Areal López
Xefa do Servizo de Consumo

ANEXO

Expediente número: 32006/2012.

Interesado: Valente Rivero, S.L.

NIF: B32345530.

Acto notificado: resolución do expediente sancionador.