Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2012 Páx. 17795

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

CORRECCIÓN de erros. Anuncio do 21 de decembro de 2011, do Servizo Provincial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente número 27.049/11.

Advertido erro no dito anuncio, publicado no DOG núm. 86, do luns 7 de maio de 2012, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 17063 no sumario, onde di: «ANUNCIO do 21 de decembro de 2011...», debe dicir: «ANUNCIO do 19 de abril de 2012...».

Na mesma páxina, onde di: «O acto foi adoptado pola xefa do Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo de Lugo», debe dicir: «O acto foi adoptado polo xefe territorial do Instituto Galego de Consumo de Lugo». E onde di: «Acto notificado: acordo de iniciación do 17 de novembro de 2011», debe dicir: «Acto notificado: resolución do 14 de febreiro de 2012».