Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17597

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2012 pola que se anuncia procedemento aberto para a contratación de servizos de mensaxaría e manipulación de correspondencia.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase procedemento aberto para a contratación de servizos de mensaxaría e manipulación de correspondencia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), complexo administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servizos Xurídicos.

c) Número de expediente: PA 2/12.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizos de mensaxaría e manipulación de correspondencia.

b) División por lotes e número:

Lote 1: mensaxaría local, rexional e nacional e servizo mensaxaría dedicada.

Lote 2: servizo manipulación e entrega correspondencia.

c) Lugar de execución: o servizo prestarase nas dependencias do Igape que se detallan na cláusula 4 do prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de vixencia (meses): a vixencia inicial será de 48 meses, e o inicio da vixencia non será anterior ao 2 de xuño de 2012, e poderá prorrogarse por outros 24 meses máis, logo de acordo expreso das partes.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 169.479 € (cento sesenta e nove mil catrocentos setenta e nove euros) máis imposto sobre o valor engadido (IVE) de 30.506,22 € (trinta mil cincocentos seis euros con vinte e dous céntimos). Total de 199.985,22 € (cento noventa e nove mil novecentos oitenta e cinco euros con vinte e dous céntimos) correspondendo 112.986 € (cento doce mil novecentos oitenta e seis euros) máis 20.337,48 (vinte mil trescentos trinta e sete euros con corenta e oito céntimos) de IVE. Total de 133.323,48 € (cento trinta e tres mil trescentos vinte e tres euros con corenta e oito céntimos) ao prazo de vixencia inicial (48 meses) coa seguinte desagregación por lotes e prezos unitarios máximos:

Lote concepto

Importes unitarios máximos (sen IVA)

1 Mensaxaría local ordinaria

2,6 €/vulto

1 Mensaxaría nacional ordinaria

9,05 €/vulto

1 Mensaxaría nacional urxente

15,09 €/vulto

1 Mensaxaría rexional ordinaria

6,03 €/vulto

1 Mensaxaría rexional urxente

2,07 €/vulto

1 Servizo mensaxaría dedicada

800 €/mes

2 Servizo manipulación e entrega correspondencia ordinaria

0,1 €/unidade

2 Servizo manipulación e entrega notificacións

0,29 €/unidade

Orzamento da posible prórroga: 56.493 € (cincuenta e seis mil catrocentos noventa e tres euros) máis 10.168,74 (dez mil cento sesenta e oito euros con setenta e catro céntimos) de IVE. Total 66.661,74 € (sesenta e seis mil seiscentos sesenta e un euros con setenta e catro céntimos).

5. Garantía provisional: non procede.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: complexo administrativo de San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: (grupos, subgrupos e categoría): no caso de presentar oferta só o lote 1 ou a ambos os lotes (1 e mais 2) deberá dispor de clasificación no grupo R, subgrupo 9, categoría A, equivalente ao grupo III, subgrupo 3, categoría A.

No caso de presentar oferta unicamente ao lote 2: non procede acreditar clasificación, senón únicamente a solvencia económica e técnica exixida na letra C da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económico-financeira e técnica:

Lote 1: ademais da clasificación requirida e de conformidade co artigo 64.2 do TRLCSP, exíxese contar, cando menos, cos seguintes medios, por resultar necesarios para unha eficaz prestación do servizo: lote 1a (mensaxaría local, rexional, nacional): dúas modalidades de vehículos por cada cidade onde haxa unha oficina do Igape (Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo); lote 1b (mensaxaría dedicada) un vehículo que conte coa debida protección para a documentación que hai que transportar.

No caso de presentar unicamente para o lote 2: suficiente solvencia económica e medios para a execución do contrato.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte á publicación do anuncio do procedemento no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, domingo ou festivo en Santiago de Compostela, o prazo entenderase prorrogado ata o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1. Entidade: Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2. Domicilio: complexo administrativo de San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Ou por correo, anunciando ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex, telegrama ou correo electrónico conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo mínimo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: en acto público o décimo día hábil seguinte ao termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura dos sobres B (proposta técnica -parte avaliable sen aplicacion de fórmulas) ás 9.30 horas. A apertura dos sobres C (proposta técnica -parte avaliable mediante fórmulas- e proposta económica) será en audiencia pública o décimo quinto día hábil seguinte ao término do prazo de presentación de ofertas.

10. Criterios de adxudicación.

– Lote 1, mensaxaría local, rexional e nacional e servizo mensaxaría dedicada.

Importe anual IVE non incluido 60%.

Tempos de tránsito dos envíos 20%.

Mellora de desconto por número de vultos nun mesmo envío 10%.

Melloras sobre as condicións e prestacións mínimas recollidas no prego 10%.

– Lote 2, servizo manipulación e entrega correspondencia.

Importe anual IVE non incluído 85%.

Melloras sobre as condicións e prestacións mínimas recollidas no prego 15%.

11. Outras informacións. Os medios (materiais e persoais) ofertados deberán adscribirse á execución do contrato, non poderán cambiarse ou substituírse agás autorización expresa do Igape. Este compromiso de adscrición de medios á execución do contrato terá carácter de obriga esencial.

12. Gastos de anuncios: 2.200 € máximo. Serán por conta do adxudicatario.

13. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: www.igape.es/contratacion

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2012.

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica